Friday 17 de May de 2024

Medio Ambiente recorda que os parques non son lugares de lecer durante o estado de alarma


 

Unicamente se poden transitar aqueles que están dentro dun radio máximo de 100 metros e quedan de camiño a locais de venda de produtos de primeira necesidade ou ben para pasearen as mascotas co fin de que realicen as súas necesidades fisiolóxicas, no tempo recomendado

A Concellería de Medio Ambiente recórdalle á veciñanza
que, no período de confinamento, os parques da cidade, as praias e o paseo marítimo non
están destinados ao lecer nin á práctica de deporte e, moito menos, a seren lugares de
encontro entre persoas coñecidas. Na actualidade, os parques de Santa Margarida (pola
rolda de Nelle), Bens e San Pedro e o Xardín de San Carlos teñen os seus accesos
pechados. Outros como San Diego, Méndez Núñez, Oza, Paseo das Pontes, Parque
Europa etc. permanecen abertos soamente porque, debido ao seu deseño, non se poden
pechar fisicamente, pero iso non significa que estean permitidos neles os usos comentados
anteriormente.
Desde Medio Ambiente, ven con preocupación como nestes días os corpos e forzas de
Seguridade se atoparon con persoas por estas zonas verdes que, coa desculpa de
pasearen as súas mascotas ou incluso sen ningunha causa xustificada, estaban usando
estes puntos para daren unha volta, realizaren exercicio ou simplemente para quedaren con
amizades.
A concellería insiste en que unicamente as e os coruñeses que teñan un parque dentro do
radio máximo de 100 metros establecido polo Decreto poden atravesalo para se dirixiren a
través del a farmacias, supermercados, panadarías etc. ou para pasearen os seus cans coa
finalidade de que realicen as súas necesidades fisiolóxicas e só durante o espazo de tempo

Nota de Prensa

recomendado. Róganlle á cidadanía que cumpra as normas establecidas neste estado de
alarma porque, se se respectaren, volverase desfrutar antes destes parques.